jueves, 14 de mayo de 2015

O impacto do cambio climático na biodiversidade

Según un estudio recente publicado na revista "Science", o cambio climático que sufre o noso planeta inflúe a gran escala na nosa biodiversidade. Tal é a magnitude dos cambios que estimase que 1 de cada 6 especies están condenadas a extinción. Este é un recopilatorio de medias de tasas de extinción mundial (131) levada a cabo polo biólogo Mark Urban, da Universidade de Connecticut (Estados Unidos) , que determinan os factores que confluien na extinción das especies.

O estudio non sólo da datos sobre que o cambio climático afecta os tránsitos naturais das especies, sino que acelera estes procesos de cambios na biodiversidade. Tivéronse en conta datos como as características específicas de cada rexión e especie, que inflúen na predicción do risco de extinción, e creen que o citado antes sobre o aumento da temperatura, vai ser o factor que máis influa na desaparición das especies.


Pero non sólo a emisión de gases invernadoiro ou o cambio climático afecta os cambios na biodiversidade, tamén hai outros factores que están aparte dos sistemas predictivos naturais de extinción de especies, e que os biólogos non son quen de dar resposta a preguntas como, ¿con qué rápidez perdése a biodiversidade?, ¿outros factores de cambio global, como as especies invasoras, exacerban os impactos do cambio climático?, ¿poden as interaccións entre especies magnificar ou o contrario, minimizar a pérdida de biodiversidade polo cambio climático?

Quedan moitas incertidumbres, pero os biólogos seguirán traballando para mellorar as prediccións de
cambio nas especies, con datos adicionales e a inclusión de variables, e con estratexias para mitigar os danos do efecto invernadoiro, porque sinon, como di Urban, "estaremos condenados a ver estes cambios antes de tempo".




Fonte: ABC CIENCIA