No ano 2012 uns astrónomos aficionados tomaron imaxes dunha misteriosa nube no borde do disco de Marte, que se puido ver durante dez días e dicían que alcanzou uns 200-250 km sobre a superficie, pero datos mais actuas sobre investigacións que se publicaron na revista Nature recoñecen que tiña 500 km de extensión horizontal determinando o seu brillo en diferentes lonxitudes de onda.
Sobre a superficie de Marte os ventos arrastran e elevan o pó dende a superficie ata os 50 kilómetros de altura. No seu seno fórmanse delgadas nubes de cristaliños de xeo e dióxido de carbono, o principal compoñente da atmosfera marciana, que en ocasións alcanzan, como máximo, alturas duns 100 kilómetros. As naves espaciales que orbitan o planeta recolleron o proceso.