jueves, 19 de febrero de 2015

Astrónomos aficionados captan unha misteriosa nube sobre Marte.



No ano 2012 uns astrónomos aficionados tomaron imaxes dunha misteriosa nube no borde do disco de Marte, que se puido ver durante dez días e dicían que alcanzou uns 200-250 km sobre a superficie, pero datos mais actuas sobre investigacións que se publicaron na revista Nature recoñecen que tiña 500 km de extensión horizontal determinando o seu brillo en diferentes lonxitudes de onda. 



Sobre a superficie de Marte os ventos arrastran e elevan  o pó dende a superficie ata os 50 kilómetros de altura. No seu seno fórmanse delgadas nubes de cristaliños de xeo e dióxido de carbono, o principal compoñente da atmosfera marciana, que en ocasións alcanzan, como máximo, alturas duns 100 kilómetros. As naves espaciales que orbitan o planeta recolleron o proceso.




No hay comentarios:

Publicar un comentario