jueves, 11 de junio de 2015

A GALAXIA MÁIS LUMINOSA

Mediante observacións do telescopio espacial de infrarroxos WISE da NASA, acábase de identificar a galaxia máis luminosa das coñecidas. Bautizada co nome WISE J224607, posúe unha luminosidade equivalente a máis de 30 billóns de soles e, no seu centro, atópase un burato negro de máis de mil millóns de masas solares. Os astrónomos non comprenden cómo se puido formar un burato negro tan grande e tan rápidamente pouco despois do Big Bang.






O telescopio espacial WISE (Wide-Field Infrared Survey Explorer) de NASA realizou no ano 2010 unha exploración complexa do ceo en varias bandas de infrarroxo. Agora un equipo internacional de astrónomos encabezado polo investigador postdoctoral Chao-Wei Tsai, identificou nestos datos unha ventena de galaxias verdadeiramente excepcionales.
O récord deste conxunto de galaxias osténtao a denominada WISE J224607, cunha luminosidade equivalente á de 349 billóns de soles. Trñatase dunha galaxia miles de veces máis luminosa que a Vía Láctea. Sen embargo, moi posiblemente esta galaxia de brillo extremo ten dimensións máis reducidas que as da nosa galaxia, e unha boa parte da súa masa está concentrada nun burato negro central cuxa masa supera en mil millóns a do Sol.
O noventa e nove por cento da luminosidade desta galaxia colosal chéganos en forma de radiación infravermella. Esta luminosidade ocasiónase en gran medida nas proximidades do burato negro central. O gas que é arrastrado ata alí polo intensísimo campo gravitatorio quéntase por riba de varios miles de graos e emite radiación no visible, no ultravioleta e en raios X. Pero esta radiación que surxe da zona central é atrapada polo pó que se atopa arredor, e na propia galaxia, para ser remitida como luz infravermella.



No hay comentarios:

Publicar un comentario