jueves, 11 de junio de 2015

ATÓPANSE DEPÓSITOS DE VIDRO EN CRÁTERES MARCIÁNS.

Os restos de cristais no planeta vermello poderían proporcionar pistas sobre a súa vida pasada.

O orbitador marcián da nasa, MRO, detectou depósitos de vidro dentro dos cráteres de impacto de Marte. Aínda que estas depresións se forman no calor abrasador dun impacto violento, poden proporcionar pistas sobre vida pasada no planeta vermello.
Un estudo elaborado en 2014 dirixido polo científico Peter Schultz, atopou na Terra moléculas orgánicas e materia vexetal sepultadas en vidro. Eran o resultado dun impacto ocorrido fai millóns de anos en Arxentina. Schultz suxeriu que procesos similares poderían preservar signos de vida en Marte se estaban presentes no momento do impacto.

Investigadores da axencia estaounidense quixeron probar que esto era posible e quixeron coñecer o "vidro de impacto" en Marte. Trátase dun traballo publicado en "Geology".
Un dos autores, Kevin Cannon, señalou que existen "grandes depósitos de vidro" en varios cráteres antigos. Para o traballo foron escollendo depósitos vidrosos e identificando os materiais e tipos de rocha de forma remota. Os científicos mediron os espectros da luz reflexada pola superficie do planeta, aínda que un vidro de impacto non ten unha sinal espectral moi forte.

"O vidro tende a ser espectralmente soso ou débilmente expresivo, polo que as súas sinais tenden a ser abrumados por trozos de rocha que se mesturan con el", apuntou o investigador. Sin embargo, o equipo atopou unha maneira de burlarse desa sinal.

Traballo no laboratorio e no espazo

Nun laboratorio, mesturaron pós cunha composición similar á das rochas marcianas, e, mediante un forno, utilizáronas para formar vidro. A continuación, mediron a sinal espectral do vidro.
Unha vez a tiñan, utilizouse un algoritmo para seleccionar sinais nos datos do Espectrómetro de Imaxes de Recoñecemento Compacto de MRO, que era o "investigador principal adxunto".
Así foi como os depósitos se acharon en varios picos centrales nos cráteres de Marte, en montículos escarpados que a miúdo se forman no centro dun cráter durante un gran impacto. Os expertos sinalan que o feito de que os depósitos se achen nos picos centrais é un bo indicador de que teñen orixe de impacto.
Un dos cráteres que conteñen vidro, chamado Hargraves, atópase preto do canal de NNili Fossae e ten arredor de 650 kilómetros de lonxitude. A rexión é un dos lugares de aterrizaxe que se baraxan para o futuro rover da NASA en Marte para 2020.



No hay comentarios:

Publicar un comentario